O GOBERNO DO PSOE APOIASE NUNHA FALSIDADE PARA SANCIONAR JUAN CARLOS POR MANIFESTARSE VAI UN ANO CONTRA O XENOCIDIO SIONISTA SOBRE GAZA.

ESQUERDA UNIDA de Ponteareas lamenta que o goberno de Zapatero complemente as terxiversacións do subdelegado provincial do goberno, introducindo unha nova falsificación da denuncia da garda civil, asegurando que o que se sanciona foron “condutas que produciron altercados”, cando na propia denuncia da garda civil para nada se mencionaron altercados ou condutas violentas.
O unico que houbo foi reparto de octavillas e berro de consignas pacifistas, pero o PSOE quixo sancionar a Juan Carlos Carrillo Claro por encima de todo en non se pararon ante a verdade. Para o Coordinador de EU Ponteareas e membro da executiva nacional Xosé Henrique González Lago esta decisión de escudarse nos altercados e unha señal mais que o PSOE avala a intervención militar e os asasinatos en Palestina e de que lle molesta a mobilización popular.

Expoñemos a continuación a pregunta parlamentaria feita por IU.

A LA MESA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS
Al amparo de lo establecido en el artículo 185 y siguientes del Reglamento del Congreso de los Diputados, el Diputado que suscribe formula la siguiente pregunta dirigida al Gobierno para su respuesta escrita.

Hay momentos en la vida social de alta carga emotiva que producen de manera motivada concentraciones y manifestaciones espontáneas sin previo aviso ni peligro para la seguridad ciudadana, tales como determinadas celebraciones deportivas, actos culturales, catástrofes y otras.

En los días finales de diciembre de 2008 y enero de 2009, ante un genocidio sobre la población palestina de la franja de Gaza por el asedio de meses y unos bombardeos israelíes, situación que mereció condenas de la ONU y de múltiples instituciones de reconocido prestigio internacional, en Madrid y otras grandes ciudades hubo manifestaciones y concentraciones de varios miles de personas que se hicieron espontáneamente, ocuparon la calle durante horas y no cumplieron escrupulosamente todas las normas o los días de preaviso a las autoridades competentes.

Este fenómeno de respuesta ciudadana ante crímenes contra la humanidad perpetrados a una población sin defensa es incluso revelador de la distancia con ciertos gobernantes, que anteponen políticas de indiferencia o incluso al reprobar lo que hace la ciudadanía se ponen de parapetos de verdugos, en lugar de realizar políticas activas para castigar a los causantes de tanto dolor desde hace tantos años.

Si en las grandes ciudades los ciudadanos han realizado estas acciones e incluso muchas organizaciones las han secundado, no se entiende bien que en otros lugares donde la solidaridad ha corrido por parte de un número menor de personas se las castigue, se las quiera amedrentar y hacer de esos lugares un páramo contra la rebeldía y la solidaridad.

Así, nos encontramos el caso de Ponteareas, donde un grupo de vecinos, sin perturbar la paz ciudadana realiza una pequeña muestra de solidaridad ante las víctimas palestinas y a alguno de ellos se les imponen multas y expedientes administrativos sin cuento.

Con este procedimiento sancionador se constata el absurdo de que, por una interpretación forzada de la Ley, se penaliza a un ciudadano por el cumplimiento de un deber moral, que en ningún momento ocasionó problemas de seguridad ciudadana.

¿Le parece correcto al Gobierno sancionar a un ciudadano por manifestar una conducta pacífica, ejemplar y respetuosa con la seguridad ciudadana, por pedir el fin de la agresión israelí sobre Gaza en diciembre de 2008- enero 2009?

En particular, ¿cómo valora del Gobierno que se interprete in dubio contra reo unas denuncias de la Guardia Civil redactadas de forma imprecisa?

¿Considera el Gobierno que los subdelegados deben actuar con la misma interpretación estrecha y rígida de la Ley en todos los casos de reuniones no convocadas formalmente con motivo de celebraciones deportivas o religiosas, o políticas y solidarias, según se trate de grandes o pequeñas localidades?

¿El Gobierno considera que son corregibles esas sanciones en base a la templanza en la interpretación de la Ley o se quiere erradicar la solidaridad, de momento, en las pequeñas ciudades?

¿Qué influencia pudieron tener las presiones sobre el Gobierno de España por parte del Gobierno israelí?

¿No cree el Gobierno que, poniendo estas sanciones a un ciudadano español en relación con el reciente cambio de la legislación española sobre la jurisdicción universal, la soberanía, la búsqueda de la justicia y la defensa del derecho internacional de España quedan seriamente lesionadas ante las presiones del sionismo internacional?


Palacio del Congreso de los Diputados Madrid,
11 de septiembre de 2009

Fdo.: Gaspar Llamazares Trigo
Diputado de IU

Pincha AQUÍ para ler a resposta do Goberno en PDF.

O grupo SKA-P apoia a plataforma “Solidariedade con Juan Carlos Carrillo”

10 de Setembro de 2009

A Plataforma de apoio a Juan Carlos Carrillo Claro sigue recibindo apoios de colectivos e veciños. O pasado día 5 de setembro a raíz dunha petición do Coordinador de EU-IU en Ponteareas sumábase o prestixioso grupo SKA-P, o cantante e guitarra Roberto (PULPUL) transmitía o seu apoio a causa, non so iso senón que autorizaba a Organización EU-IU a utilizar a canción Intifada como musica de fondo dun vídeo montado e creado para denunciar a actitude fascista do subdelegado de Pontevedra, Delfín Fernández (do PSOE).
Recordar que Juan Carlos Carrillo Claro foi sancionado con dúas sancións de 500€, 1000€ en total por participar nas concentracións pacificas en repulsa do XENOCIDIO perpetrado en GAZA-PALESTINA por o estado de Israel.

O Coordinador de EU-IU sigue reclamando a dimisión de toda a executiva local do PSOE sobre todo, do seu portavoz Francisco Candeira, por non ter defendido os intereses dun veciño Ponteareán , polo seu silencio ante tal MASACRE, e pola súa política caciquil que lle impoñen dende Madrid.
Comisión de Solidariedade

EU-IU acusa á Subdelegación do Goberno de falsificar a denuncia da Garda Civil.

04 de Xuño de 2009.

Esta formación política esixe a dimisión do subdelegado, pedirá explicacións a Rubalcaba no Congreso dos Deputados e estudiará unha posible encausación penal.


A subdelegación do goberno na provincia de Pontevedra falsificou a denuncia dos axentes da Garda Civil con ánimo de sancionar a Juan Carlos Carrillo Claro, tal como pode comprobarse nos dous documentos adxuntos.
Mentras na denuncia da garda civil indícase: “EL DENUNCIADO PORTABA UNA PANCARTA EN LA MANIFESTACION CELEBRADA QUE TRASCURRIÓ POR DIVERSAS CALLES DE PONTEAREAS, SIN HABER COMUNICADO A LA SUBDELEGACIÓN DEL GOBIERNO TAL HECHO, INCUMPLIENDO EL ART. 8 DE LA LEY 9/1983 EN CONCORDANCIA CON EL ART. 23 APART. C DE LA LEY 1/92”, na transcrición empregada no procedemento impútaselle: “RESPONSABLE COMO PROMOTOR DE LA MANIFESTACIÓN CELEBRADA EL DIA 03-01-09 ENTRE LAS 12:00 E AS 12:50 HORAS, PORTANDO UNA PANCARTA POR DIVERSAS CALLES DE PONTEAREAS”

A denuncia da Garda Civil contén un erro polo que Juan Carlos xa presentou as alegacións oportunas dado que, “portar unha pancarta nunha manifestación”, inda que non se tivera comunicado á subdelegación do goberno, non infrinxe calquera artigo da lei, mal que lle pese a calquera garda civil ou subdelegado, Caso de incumprirse a mencionada comunicación previa (que neste caso concreto non era necesaria, tal como a lei indica), a responsabilidade sería únicamente dos “organizadores ou promotores”.

A transcrición falsificada da denuncia ó procedemento sancionador, xustificaríase precisamente polo ánimo incriminatorio do subdelegado do Goberno; algo que nun estado de dereito non se pode consentir.

Xa a propia Lei Orgánica 1/1992 de seguridade cidadá, a tristemente famosa lei Corcuera, abre as portas a discrecionalidade dos axentes da autoridade, como para que unha autoridade política se permita estas irregularidades.

EU-IU esixe a dimisión do subdelegado, pedirá explicacións a Rubalcaba no Congreso dos Deputados e estudiará unha posible encausación penal.

Comisión de solidariedade.

SOLIDARIEDADE CON JUAN CARLOS CARRILLO

24 de Maio de 2009.

Enlazado nesta entrada achégase un manifesto de solidariedade con Juan Carlos Carrillo Claro. Os motivos explícanse no propio manifesto, polo que aforramos comentarios.
Achégase unha foto, para que teñan unha idea axustada da “gravidade da falta”.


Pregamos:
  1. A lectura do “MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE CON JUAN CARLOS” que se adxunta.
  2. A descarga do arquivo (AQUÍ) e firma do mesmo, ben sexa como representante dun colectivo, ben sexa a título individual.
  3. O envío do manifesto firmado (en galego o castellano) a:
4. Reenviar esta mensaxe a tódolos enderezos de que vostede dispoña.

Grazas.
Comisión de Solidariedade.

A subdelegacion do Goberno do PSOE confirma a primeira sanción de 500 euros a Juan Carlos Carrillo Claro.

16 de maio de 2009

Reunida hoxe a executiva de EU-IU Ponteareas acordan iniciar unha nova campaña sobre o papel do PSOE no xenocidio perpetrado por Israel en Gaza.

Con esta nova actuación o subdelegado do Goberno de Pontevedra, Delfín Álvarez obedece a política do PSOE estatal, por un lado, pedir a paz e por outro vender armas o estado de Israel, sen importarlle a súa utilización e moito menos os mortos no xenocidio, entre eles case 500 nenos.

Con esta decisión política de sanción intentan calar a poboación que si se manifestou pacificamente, volvendo os tempos do franquismo onde manifestarse era sinónimo de sanción e cárcere.

EU-IU recórdalle o PSOE que o veciño sancionado non foi o responsable nin promotor de ditas mobilizacións e as denuncias presentadas pola garda civil son meritorias de apertura de un expediente de investigación xa que os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado deben ser imparciais, todo o contrario no que esta recollido no propio informe da garda civil.

EU-IU anima a firmar o manifesto e tamén os pregos de firmas depositados na copistería Almar e os sábados no stand de EU-IU, e piden a colaboración daquelas persoas ou organizacións que queiran solidarizarse coa causa.

Comisión de Solidariedade.

Unha representación de Esquerda Unida reuniuse co Secretario do Subdelegado de Goberno de Pontevedra.

14 de abril de 2009

Unha representación do Consello de EU-IU de Ponteareas entrevistouse esta mañá co Secretario do Subdelegado do Goberno de Pontevedra.

Xa alí expuxéronlle o malestar de EU-IU polas dúas sancións de quiñentos € (1000 en total) impostas inxustamente a Juan Carlos Carrillo Claro presidente da Anpa do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, no transcurso da concentración en prol do pobo Palestino.

Tamén lle transmitiron que os corpos e forzas de seguridade do estado, non identificaron os responsables das organizacións convocantes, simplemente se marcaron como obxectivo identificar visualmente a algunha das persoas da concentración, sen chegar a pedir a súa identificación, imputándolles unha falta polo simple feito de portar unha pancarta.

EU-IU solicitou o arquivo de ditos procedementos o presentar defectos de forma, xa que o sancionado non tivo ningunha responsabilidade en ditas autoconvocatorias.

O coordinador local autoinculpouse de ser o máximo dirixente de EU-IU en Ponteareas e polo tanto tamén responsable de ditas autoconvocatorias. Transmitiu que no caso de non ser arquivadas EU-IU seguirá adiante coa campaña informativa e de mobilizacións sobre o sucedido, deixando claro cal e a postura e o papel do Goberno do PSOE sobre o conflito en Palestina.” Por un lado Zapatero pide a paz e por outro véndelle armas a Israel”.

EU-IU seguira recadando cartos pola causa de Juan Carlos Carrillo Claro e si fixese falta irase ata o mesmo xulgado onde EU-IU farase cargo dos gastos e aportarase as probas suficientes onde se demostrará que as imputacións de “Responsables e promotor” son falsas.

Comisión de Solidariedade.

Concentración contra unha actuación arbitraria do subdelegado do Goberno de Pontevedra.


4 de abril de 2009

Cunha pancarta que dicía “FASCISMO NON, LIBERDADE DE REUNIÓN”, algo máis de cincuenta persoas concentráronse en Ponteareas hoxe ás 12 horas diante da sede do PSOE, para pedir a anulación da sanción ó presidente dunha ANPA, Juan Carlos Carrillo Claro, por manifestarse en xaneiro contra o bombardeo israelí sobre Gaza.
Os organizadores expresaron a súa vontade de seguir cunha mobilización permanente ata que o delegado do goberno faga unha nova valoración dos feitos e anule a sanción.
Convocada PCG, EU-IU e XCG, contou coa presencia solidaria de representantes doutros colectivos.
No decurso do concentración deuse lectura a un relato da dramática situación que vive a poboación de Gaza, a unha resolución solidaria do PCE, rematando cun manifesto do consello local de EU-IU no que se argumentou sobre o carácter antidemocrático e arbitrario da sanción, entendo que a actuación de Juan Carlos, ademáis de perfectamente legal, foi exemplar.

Comisión de Solidariedade.