14 de abril de 2009
Unha representación do Consello de EU-IU de Ponteareas entrevistouse esta mañá co Secretario do Subdelegado do Goberno de Pontevedra.Xa alí expuxéronlle o malestar de EU-IU polas dúas sancións de quiñentos € (1000 en total) impostas inxustamente a Juan Carlos Carrillo Claro presidente da Anpa do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, no transcurso da concentración en prol do pobo Palestino.
Tamén lle transmitiron que os corpos e forzas de seguridade do estado, non identificaron os responsables das organizacións convocantes, simplemente se marcaron como obxectivo identificar visualmente a algunha das persoas da concentración, sen chegar a pedir a súa identificación, imputándolles unha falta polo simple feito de portar unha pancarta.
EU-IU solicitou o arquivo de ditos procedementos o presentar defectos de forma, xa que o sancionado non tivo ningunha responsabilidade en ditas autoconvocatorias.
O coordinador local autoinculpouse de ser o máximo dirixente de EU-IU en Ponteareas e polo tanto tamén responsable de ditas autoconvocatorias. Transmitiu que no caso de non ser arquivadas EU-IU seguirá adiante coa campaña informativa e de mobilizacións sobre o sucedido, deixando claro cal e a postura e o papel do Goberno do PSOE sobre o conflito en Palestina.” Por un lado Zapatero pide a paz e por outro véndelle armas a Israel”.
EU-IU seguira recadando cartos pola causa de Juan Carlos Carrillo Claro e si fixese falta irase ata o mesmo xulgado onde EU-IU farase cargo dos gastos e aportarase as probas suficientes onde se demostrará que as imputacións de “Responsables e promotor” son falsas.
Comisión de Solidariedade.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada